Llamanos e informate en el 986 804 135 Imagen que substituye al flash en el cual aparecen y desaparecen tres titulares para reflejar su importancia (+ Formación, + Información, + Emprego)
 MAIS Información  

Volver a la página anterior | Aumentar tamaño de fuente Volver al tamaño de fuente original Reducir tamaño del texto | Imprimir noticia Generar PDF


Inauguración do Centro Integral de Atención a Emigrantes Retornados e Inmigrantes.

O Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán, e a deputada delegada de Acción Social, Nidia Arévalo, inauguraron o día 27 de Xuño o Centro Integral de atención a emigrantes retornados e inmigrantes, situado na Cidade Infantil Príncipe Felipe, un centro que constitúe unha iniciativa única na provincia, pero tamén en Galicia.

O novo centro conta cun espazo de 3.000 metros cadrados nos que se albergará o viveiro de empresas, aulas e talleres para formación e o espazo destinado á administración e atención ó público. Para isto, o recinto está dividido en oficinas e equipamentos comúns, a incubadora de empresas con capacidade para 10 despachos, catro aulas formativas, dúas aulas multimedia dotadas con preto de trinta ordenadores e tres talleres ocupacionais.

Deste xeito, as instalacións do centro permitirán combinar a formación teórica coa práctica, en materias como a carpintería metálica, a de madeira, instalacións eléctricas, albanelería e xardinería. Poderanse enfocar as actividades formativas cara ``novos baleiros para a empregabilidade como por exemplo a soldadura, novas tecnoloxías ou enerxías renovables´´.



Logo de W3C(WORLD WIDE WEB CONSORTIUM) que indica la cumplimentación de los estándares XHTML 1.0    Logo de W3C(WORLD WIDE WEB CONSORTIUM) que indica la cumplimentación de los estándares de hojas de estilo en cascada CSS2    Logo de W3C(WORLD WIDE WEB CONSORTIUM) que indica la cumplimentación de los estándares de accesibilidad de segundo nivel WAI-AA WCAG 1.0
© 2006 cidade mais| Aviso legal | Mapa web | Contacto